El EnmaZcarado

Nome da compañía: El Chonchón
Procedencia: Chile
Título do espectáculo: El EnmaZcarado
Técnica: Luvas
Idioma: Castelán
Duración: 55 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos


Sinopse

Un novo Comendador impón con rigor e desatino as súas ideas de dominación ao pobo monicrequeiro; pretende, literalmente, cambiar a cabeza dos monicreques por unha idéntica á súa.

O Enmazcarado regresa dunha longa viaxe e inmediatamente, xunto con María Monserrat, encabeza a resistencia contra os abusos do tirano.

O brandir das espadas, as persecucións dos lanceiros, insólitas acrobacias e a vocación de xustiza do Enmazcarado, que intentará que ningún monicreque quede sen cabeza, serán o pano de fondo para esta aventura titiriteira.

Teatro Principal
Luns 3 de outubro 11:30
Domingo 9 de outubro 20:30
Entradas

Espectáculos | , ,