Los Tres Reyes y Un Simple

Nome da compañía: Tesis Teatro
Procedencia: Colombia
Título do espectáculo: Los Tres Reyes y un Simple
Técnica: Mixta, marotes, guiñoles, esperpentos, obxectos animados
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: Todos os públicos


Sinopse

Dúas historias compoñen este espectáculo.

“Por una flor” conta como dous Reis desatan unha batalla campal por unha flor: un deles sementa unha flor e o outro, por envexa, quítaa. O enfrontamento entre os dous castelos rematará afectando á cabalaría, aos cociñeiros e ata ao can e ao gato!

En “La mordida”, obra anónima mexicana, podemos ver como un simple xograr chamado Simplicio pasa por unha morea de peripecias ata chegar ao castelo dun Rei. Foi capaz de entregar toda a fortuna herdada dos seus pais só para comprar un ganso que quere regalar ao monarca. O seu verdadeiro soño é chegar a ser o seu conselleiro, xograr, monicrequeiro. Será capaz de conseguilo?

ARTeria Noroeste
Xoves 6 de outubro 10:30
Entradas
Espectáculos | , ,