Teatriño Máxico (cancelado)

Nome da compañía: El Retrete de Dorian Gray
Procedencia: Galicia
Título do espectáculo: Teatrillo Mágico
Técnica: Mans, ollos
Idioma: Sen palabras
Duración: 10 minutos
Idades recomendadas: Todos os públicos


Sinopse

No exterior da burbulla branca dous señores recíbennos, logo cruzamos a porta xiratoria, e tras o segundo de escuridade, estamos dentro. E só hai cadeiras e unha caixa. Queremos saber o que hai dentro. Pero temos que esperar. Pouco, unhas indicacións. Apágase a luz. Acéndese o teatriño. Non hai bonecos, hai mans nuas con ollos que xogan a existir, a facer cousas imposibles coa gravidade. Nuns minutos rematou. Ímonos fóra outra vez, preguntándonos como se fai para que as mans canten, sexan moitas persoas á vez, os ollos voen, os metais floten…

Debido a problemas técnicos, quedan CANCELADOS TODOS OS PASES do ESPECTÁCULO DE CARPA DE PRAZA TOURAL “TEATRIÑO MÁXICO” da compañía EL RETRETE DE DORIAN GRAY. Desculpen as molestias causadas.
Entradas
Espectáculos | , ,