Impartido por: Miguel Oyarzún e Carlos Piñero (Compañía El Chonchón. Chile)
Duración: 16 horas
Datas: do luns 3 ao venres 7 de outubro
Horario: de 16:45 h a 20:00 h
Lugar: Sargadelos
Rúa Nova, 16 – 15705 Santiago de Compostela
Prezo: 75 €
Prezo reducido (socios de UNIMA): 60 €
Prazas: 15 persoas
Presentación:
Seminario no que se traballa arredor dos conceptos de movemento, animación e palabra aplicados ao títere de luva, desde unha perspectiva eminentemente práctica.
Contidos:
Incorporación das técnicas básicas para a animación do títere de luva.
Exploración das posibilidades do movemento dos bonecos.
Credibilidade na manipulación do títere.
Descubrimento e experimentación das potencialidades expresivas dos títeres.
Diferenciación de movemento e acción dramática.
Noción de conflito. Diferenciación entre os distintos tipos de conflito.
Traballo coa secuencia de movemento.
Discurso interno (Parlamentos e emocións. Relación entre o títere e o titiriteiro)