Obradoiros de construción de monicreques para nenos e nenas

Presentamos unha serie de obradoiros dirixidos aos máis pequenos, nos que gozarán elaborando monicreques de diversos estilos, que despois poderán levar á casa.


Monicreques coas mans

Mércores 5 de outubro de 19:00h a 20:00h – Praza Toural

Coas túas mans darás vida a seres fantásticos. Monicreques de goma eva aos que pintaremos con cor.

Teatro de cartón

Xoves 6 de outubro de 19:00h a 20:00h – Praza Toural

Construción dun teatriño de cartón e os seus monicreques de dedo.

Teatriño de papel

Venres 7 de outubro de 19:00h a 20:00h – Praza Toural

Construción dun teatriño de papel cos seus personaxes decorados.


*Os Obradoiros de construción para nenos realizaranse nos soportais do Teatro Principal en caso de choiva.

Nº de prazas por obradoiro: 20
Idades recomendadas: de 5 a 10 anos
Precio de inscrición: 1,50 €
Punto de información: Praza do Toural
Cursos |