“Títeres de América Latina”

A mostra reflicte a importancia do teatro de monicreques e marionetas na vida das comunidades indíxenas e de emigrantes procedentes de diferentes países de Europa. Como estas culturas se mesturaron creando unha importante riqueza e tradición que caracteriza este tipo de arte nas afastadas terras do Cono Sur.
A través de poetas, dramaturgos, artistas plásticos ou familias de artesáns monicrequeiros que viaxaron xunto ao conxunto de emigrantes nas grandes diásporas de finais do 1800 e principios de século XX, descubriremos exemplos desta actividade, como un teatro estable en Bos Aires, no barrio de La Boca, que representaba obras con puppis sicilianos, teatriños que traballaban nos conventillos, obras de novos poetas chilenos, pezas para monicreques en linguas indíxenas, como o quechua, e interesantes mesturas culturais.
Da man de mestres como Javier Villafañe, Otto Freitas ou o propio García Lorca, descubriremos cos monicreques ese mundo extraordinario.


Teatro Principal
Rúa Nova, 21. Santiago de Compostela
Do 1 ao 15 de outubro
Exposicións |