Espectáculos
Espectáculos de títeres en Galicreques
Teatro de la Plaza
TEATRO PRINCIPAL
VENRES 7 de outubro 20:30.
Nun incrible exemplo de aproveitamento e reciclaxe dos “desperdicios” dunha gran cidade, o espectáculo conta a historia dun “cartoneiro” (desempregado que gaña o seu sustento reciclando refugallos nos recolledores de lixo) no seu traballo diario polas rúas.
No amañecer dun novo día, furgando entre o lixo, encontra unha vella radio. Talvez a mesma que dese, nun pasado distante, de regalo á súa amada. O home somérxese nos seus recordos e con habilidade transforma o lixo esparexido pola escena nunha bela escenografía, que servirá para contar a historia da súa vida.
La Bella Durmiente
Espazo por determinar. Día xx de outubro xx:xx.
Versión nova, divertida e sorprendente do clásico conto dos Grimm, esta vez contado en verso.
Dous personaxes moi queridos entre os nenos e nenas valencianos: Bombalino e Cuchufleta, 2 pallasos de peseta, encárganse de presentar e conducir o conto e interpretar e manipular 15 marionetas grandes. Ritmo trepidante, sorpresas, risas e algunha bágoa farán que recordemos este espectáculo durante máis de 100 anos.
Los Tres Reyes y Un Simple
ARTERIA NOROESTE
XOVES 6 de outubro 10:30.
Dúas historias compoñen este espectáculo.
“Por una flor” conta como dous Reis desatan unha batalla campal por unha flor: un deles sementa unha flor e o outro, por envexa, quítaa. O enfrontamento entre os dous castelos rematará afectando á cabalaría, aos cociñeiros e ata ao can e ao gato!
En “La mordida”, obra anónima mexicana, podemos ver como un simple xograr chamado Simplicio pasa por unha morea de peripecias ata chegar ao castelo dun Rei. Foi capaz de entregar toda a fortuna herdada dos seus pais só para comprar un ganso que quere regalar ao monarca. O seu verdadeiro soño é chegar a ser o seu conselleiro, xograr, monicrequeiro. Será capaz de conseguilo?
La Carpa de los Dos Colores
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 6 de outubro 11:30.
Ao pobo chegou un circo. Non, máis ben chegaron dous. Un é o da carpa verde e o outro, o da carpa azul. Pero ningún dos dous pode presentarse, pois no pobo hai un veciño rosmón ao que non lle gusta nada e tratará de impedir que o circo se instale.
Pipo, o pallaso, e Badalkablar, o mago, únense para formar un só circo: A carpa das Dúas Cores. O seu principal interese é divertir a todos os nenos e, se o veciño rosmón os segue molestando, o mago Badalkablar tenlle reservada unha sorpresa que o fará recapacitar e cambiar o seu modo de actuar. Despois virá a primeira quenda do Gran Circo da Carpa das Dúas Cores.
Amor de Cuentos
TEATRO PRINCIPAL
MARTES 4 de outubro 20:30.
Contos… contos…! Vendo contos! Así pregoa a súa fantasiosa mercadoría o personaxe de ” La Niña que riega la Albahaca y el Príncipe Preguntón ” de Federico García Lorca, unha das historias que se representan neste “Amor de Cuentos”. Os monicreques representan tamén a fábula “Historia de Burros”, o curioso caso do “culete rebelde” de Omar Pompeyo e disfrázanse de piratas en ” La Princesa del mar de la Trola “. Todos estes fabulosos contos aderezados con poemas de Alberti, Becker, Machado e Gloria Fuertes. Versos sonoros, marabillosos e cantareiros que acompañarán aos nosos nenos durante toda a súa vida. Un espectáculo que se coa polos ollos e os oídos, que explota coa risa e que aniña no corazón. Fantasía e poesía para estes tempos tan prosaicos e tan serios.
La República del Caballo Muerto
TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 8 de outubro 20:30.
Un distinguido antropólogo descobre unha vella civilización de máis de 3000 anos.
A través deste achado recréanos satiricamente a nosa sociedade, observando de xeito irónico e sarcástico os principais defectos que tivemos os seres humanos para convivir cos nosos semellantes.
O propietario, ser ou non ser, os bos modais e a obstinación das mulleres. Son os diálogos que integran este reflexivo espectáculo.
Teatriño Máxico (cancelado)
PLAZA TOURAL
CANCELADO
No exterior da burbulla branca dous señores recíbennos, logo cruzamos a porta xiratoria, e tras o segundo de escuridade, estamos dentro. E só hai cadeiras e unha caixa. Queremos saber o que hai dentro. Pero temos que esperar. Pouco, unhas indicacións. Apágase a luz. Acéndese o teatriño. Non hai bonecos, hai mans nuas con ollos que xogan a existir, a facer cousas imposibles coa gravidade. Nuns minutos rematou. Ímonos fóra outra vez, preguntándonos como se fai para que as mans canten, sexan moitas persoas á vez, os ollos voen, os metais floten…