Trigedias de amor y de cuernos

Teatro Arbolé

Bar Restaurante Candilejas. Mércores 6 de outubro 23:30.
Trigedias de Amor e cornos, recolle a mellor tradición do bululú galego, con dous textos inmortais na tradición monicrequeira: De Don Ramón del Valle Inclán, os cornos de Don Chilindrada e de Federico García Lorca, El retablillo de Don Cristóbal, os dous contados ao xeito do Bululú galego. O cego que fai do seu corpo e a súa capa retablo e se apoia nos bonecos para recuperar a esencia do Teatro, o teatro en bruto, a catarse da moca.As dúas historias veñen introducidas polas coplas ao viño de Nicanor Parra. Ciego, veu e bonecos mestúranse para recobrar a tradición máis xenuína do xograr. Tratar de unir tradición e vangarda é o obxectivo deste espectáculo unipersoal a cargo de Iñaqui Juárez Montolio.


Espectáculos | , ,

La gata con botas

Teatro Arbolé

ARTeria Noroeste. Martes 5 e mércores 6 de outubro a las 10:00.
Na xa clásica liña dos contos chamados “clásicos” abordamos nesta ocasión o gato con botas. Trátase do Gato coñecido por todos, que con astucia logra converter o seu novo amo, fillo dun muiñeiro, no Marqués de Carabás e casar coa Princesa. Reúnense aquí os elementos clásicos do conto: as desventuras do rapaz, as aventuras clásicas e a pelexa co ogro co seu sorprendente final; pero nesta ocasión engadimos unhas cantas notas novas sobre os roles masculino e feminino, que fan que o novo título do conto sexa: “A Gata con Botas”


Espectáculos | , ,