Espanis Circus

Espanis Circus

Praza Roxa. Venres 8 de outubro 18:30. Praza Toural. Sábado 9 de outubro 18:00. Praza Praterías. Domingo 10 de outubro 18:30.
Recreación dos pequenos circos familiares que percorrían rúas e prazas divertindo ao público popular. É unha ironía sobre todos os tópicos españois: a corrida, os touros, o flamenco, a folclórica Carmencita de España…


Espectáculos | , , , ,

Alí Babá y los Cuarenta Ladrones

Xarop Teatre

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 11:30. Mércores 6 de outubro 11:30.
É esta a historia de Alí Babá ou a do seu irmán kasim? ou a da muller de Alí? Alí e o seu irmán fan o posible por contarnos a historia do que lles aconteceu. Cada un intenta expoñer a súa versión dos feitos. A medida que vai transcorrendo a obra, o público vai descubrindo todas as peripecias que Alí e Kasim van vivindo. Pero Graciela, a muller de Alí, dáse conta da teimosía dos irmáns e vai tomando unhas decisións que os levan a un final inesperado.


Espectáculos | , ,