A História de um cão

Beto Hinça Teatro de Marionetas

Teatro Principal. Venres 8 de outubro 11:30.
Trátase dun espectáculo de marionetas de fíos onde o protagonista é un can que vive nunha casa coa súa muller. Como a todos os cans encántalle brincar e ladrar todo o tempo. Corre detrás das galiñas, busca restos no lixo e peléxase co gato. De noite, cando a súa muller dorme, ladra e molesta a todo o mundo. É a historia dun can que vive meténdose en problemas!


Espectáculos | , ,

Cabaret on strings

The fifth wheel

Teatro Principal. Sábado 9 de outubro 20:30. Centro Sociocultural Nemenzo. Domingo 10 de outubro 12:00.
Este Cabaré é unha brillante combinación de música, danza e humor. Os espectadores gozarán coas cancións mexicanas e os pasos afro-americanos. Eles poderán ver a un celoso marido oriental e a Belly unha fermosa e sedutora bailarina; Tabor, o apaixonado xitano e un lánguido dúo a piano da Época da Decadencia, bailarins de Rock-n-roll xunto a esqueletos e outras divertidas e románticas escenas. Un espectáculo único e orixinal cun apaixonante ritmo que fará as delicias dos espectadores.


Espectáculos | , , ,

Página 2 de 212