A manos llenas

Toni Rumbau

Teatro Principal. Domingo 10 de outubro 20:30.
Do Ovo ao cubo: o ovo da imaxinación, que un neno do público entrega ao monicrequeiro ao empezar o espectáculo, dá vida ao cubo, a caixa cadrada na que vive o espírito de Polichinela. Nela nacen os diferentes personaxes: Pulchinelo, o Can, o Demo, a Morte… Unha obra que xunta vitalismo e inxenua sensibilidade filosófica, con ingredientes de maxia teatral e de simbolismo alquimico. E cruzándoa con inusitado descaro, a risa alegre de Polichinela incítanos á rebeldía e á liberdade. E todo coa sinxeleza e a inxenuidade dun xénero antigo que non obstante se fai vivo, cheo de palpitante actualidade.


Espectáculos | , ,

Marionetas de Malí, África

Marionetas africanas

Ambigú do Teatro Principal. Rúa Nova, 21 Santiago de Compostela.
Do 1 a 10 de outubro.


Exposicións |

Allegro Vivace

Teatro Estatal de Marionetas de Varna

Teatro Principal. Xoves 7 de outubro 11:30 e 20:30.
Allegro Vivace é un divertido espectáculo no que unha vez máis nos encontramos co encanto único dos monicreques e as súas incribles posibilidades. A capacidade dos monicreques de facernos sorrir e provocar no auditorio emocións positivas e vivificantes, serve como o tema do espectáculo.
Aos actores reprimidos por pensamentos penosos contrapóñense a despreocupación e a vitalidade dos monicreques que afortunadamente non sofren dos problemas humanos.
No marco de 1 hora, os espectadores van ser testemuñas dun alegre e atractivo encontro entre actores e monicreques, nunha divertida batalla para o bo humor.


Espectáculos | , ,

Viento Pequeño

La gotera de Lazotea

Teatro Principal. Mércores 6 de outubro 20:30.
-Que vas facer cando sexas Grande?
A que se dedica un vento cando se fai grande? E Que pode facer se o que quere é ser importante? A través dunha ventá veremos a Vento Pequeno lanzarse á grande aventura dunha viaxe para encontrar un bo oficio que o leve a ser alguén importante. Encontrará o oficio que lle guste e lle divirta? Non todos os Ventos serven para o mesmo, o importante é saber para o que un serve.


Espectáculos | , ,

Las orejas del pícaro tío conejo

Pequeño Teatro de Muñecos

Teatro Principal. Luns 4 de outubro 11:30.
“Las orejas del pícaro tio conejo” nace en 1.983, cando o grupo “Pequeño teatro de muñecos” recompila unha serie de contos narrados nas zonas de Guapi, Boaventura, Chocó, poboacións do Val e Antioquia, converténdose na primeira obra do devandito grupo con máis de 4.000 funcións en Cali, Colombia, festivais e programacións en Centro, Sur América e Europa.


Espectáculos | , ,

El muchas patas volador

El muchas patas volador

Teatro Principal. Luns 4 de outubro 20:30.
Pequeño Teatro de Muñecos inspírase no conto “El Cangrejo Volador” do escritor Cubano Onelio Jorge Cardozo.
A obra narra a bela historia dun cangrexiño alegre e traveso que vive co seu avó, o cal se encarga da súa formación e de facerlle ver o mundo como o ven os seus ollos, razón pola cal o pequeno cuestiona constantemente o seu avó quen o cualifica de testán, porfiado e desobediente, esquecendo que todas estas travesuras e buscas, forman parte de ver o mundo con ollos de neno. É un estraño paxaro chamado Olococo, quen o inspira a descubrir as cousas belas da vida e, en medio de xogos e música, convértese nun cangrexo voador.


Espectáculos | , ,

O Asombro

Fantoches Baj

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 20:30.
Cunha proposta de teatro de obxectos trátamos de poñer en valor a recuperación dos elementos presentes na obra do poeta do Courel, Uxío Novoneyra. Focalizase o espectáculo nunha pequena escolma de Os eidos. Non obstante, non podían faltar entre outros o Poema dos Caneiros, Romance de Manuel de Ribadaira, Letanía de Galicia, Vietnam Canto e as Elexías así como referencias a poetas tan queridos para Uxío Novoneyra como Xosé María Diaz Castro e María Mariño.


Espectáculos | , ,

A Girafa Que Comia Estrelas

Marionetas, Actores & Objectos con Varazim Teatro

Teatro Principal. Sábado 9 de octubre 17:00.
A xirafa que comía estrelas narra a estraña historia dunha xirafa que é diferente das outras porque anda coa cabeza nas nubes e come estrelas, só porque lle gusta e cre que así renova o ceo e dálle máis brillo. Esta xirafa, Olímpia, faise amiga dunha galiña, Margarida, á que lle gusta pensar a pesar do esforzo e vive nunha casa nas nubes. Con ela vai vivir algunhas aventuras “extrañas”. Olimpia perdeu a súa avoa que foi ao ceo, cre nos anxos e non lle importa nada ter amigos diferentes. “A avoa Rosalía, nai de D. Augusta, díxolle que os anxos dormen nas nubes. Tamén dixo que pouco antes da súa morte as persoas se converten en anxos”


Espectáculos | , , ,

Circo Gockelini

Circo Gockelini

Teatro Principal. Domingo 10 de outubro 17:00.
O señor Stengelini é un bo xerente de circo. O seu circo é o único en Europa que ten animais artistas! Despois de traballar moi duro, vén a presentarnos na súa gala á xoaniña Marinus Marini, que se volve cada vez máis grande; á curuxa Eulalia, bailarina do ventre; á muller de Gockelini que é unha galiña equilibrista e a moitos outros animais como raposos, ras, ratos e ourizos.


Espectáculos | , ,

Alí Babá y los Cuarenta Ladrones

Xarop Teatre

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 11:30. Mércores 6 de outubro 11:30.
É esta a historia de Alí Babá ou a do seu irmán kasim? ou a da muller de Alí? Alí e o seu irmán fan o posible por contarnos a historia do que lles aconteceu. Cada un intenta expoñer a súa versión dos feitos. A medida que vai transcorrendo a obra, o público vai descubrindo todas as peripecias que Alí e Kasim van vivindo. Pero Graciela, a muller de Alí, dáse conta da teimosía dos irmáns e vai tomando unhas decisións que os levan a un final inesperado.


Espectáculos | , ,

Página 1 de 212