Do Re Mi Mozart juega aquí

Do Re Mi Mozart juega aquí

Teatro Principal. Venres 8 de outubro 20:30.
Espectáculo de marionetas de fío talladas en madeira, que locen os seus elegantes movementos nun retablo barroco. Unha invitación do emperador convoca ao neno Mozart a tocar en Palacio. Isto esperta a envexa e desconfianza do mestre de cámara que intentará impedir a celebración do concerto. Pero este neno, vivaz e alegre, o seduce coa súa xenialidade musical, incorporada nos seus xogos e quefaceres cotiáns.


Espectáculos | , ,

O Asombro

Fantoches Baj

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 20:30.
Cunha proposta de teatro de obxectos trátamos de poñer en valor a recuperación dos elementos presentes na obra do poeta do Courel, Uxío Novoneyra. Focalizase o espectáculo nunha pequena escolma de Os eidos. Non obstante, non podían faltar entre outros o Poema dos Caneiros, Romance de Manuel de Ribadaira, Letanía de Galicia, Vietnam Canto e as Elexías así como referencias a poetas tan queridos para Uxío Novoneyra como Xosé María Diaz Castro e María Mariño.


Espectáculos | , ,

Os títeres da Vía Láctea

Os títeres da Vía Láctea

Paseo central da Alameda. Venres 8 de outubro, Sábado 9 e Domingo 10 18:00.
Un grupo de titiriteiros, que viaxan nun carromato, van polos camiños representando divertidas comedias.


Espectáculos | , , , ,

O Rei Destronado

A Xanela do Maxín

Local sociocultural A Gracia. Domingo 3 de outubro 12:00.
O porquiño Sisebuto na súa fuxida de Galicia por mor do San Martiño atópase co Ex Rei-León Pepote I O Boíño, ao que chimparan do trono por non saber ser malo. Aí é onde comeza esta divertida aventura. O porquiño é nomeado primeiro ministro de Pepote que para recuperar o seu trono deberá aprender a ser malo. E para poder ser malo necesitará coñecer aos máis malos entre os malos: Alí-Babá, o Pirata ou a Bruxa… pero o único que aprenderá é que as aparencias ás veces enganan e que a mellor forma de reinar é facelo para un mesmo.


Espectáculos | , ,