25 Aniversario de Títeres Cachirulo

Exposición 25 Aniversario Títeres Cachirulo

ARTeria Noroeste. Rúa Salvadas 2A Parque Vista Alegre.
Do 1 ao 30 de outubro.


Exposicións |

La gata con botas

Teatro Arbolé

ARTeria Noroeste. Martes 5 e mércores 6 de outubro a las 10:00.
Na xa clásica liña dos contos chamados “clásicos” abordamos nesta ocasión o gato con botas. Trátase do Gato coñecido por todos, que con astucia logra converter o seu novo amo, fillo dun muiñeiro, no Marqués de Carabás e casar coa Princesa. Reúnense aquí os elementos clásicos do conto: as desventuras do rapaz, as aventuras clásicas e a pelexa co ogro co seu sorprendente final; pero nesta ocasión engadimos unhas cantas notas novas sobre os roles masculino e feminino, que fan que o novo título do conto sexa: “A Gata con Botas”


Espectáculos | , ,

¡Que viene el lobo!

Kamante Teatro

ARTeria Noroeste. Venres 8 de outubro 10:00. Sábado 9 de outubro 18:00. Domingo 10 de outubro 12:30.
Lobezno non quere ser Lobo de zoolóxico. Cada noite, mentres contempla a Lúa pregúntase como será a vida “ao outro lado”. Un día escápase decidido a ser Lobo de Conto, pero deseguida descobre que a vida alí non é sinxela. Lobezno intentará cumprir os seus soños sen renunciar á súa propia identidade.


Espectáculos | , ,

Rutas de Polichinela. Títeres, sombras y objetos

Rutas de Polichinela

“Rutas de Polichinela” é unha introdución ao mundo fascinante do teatro de monicreques popular de luva, co fin de coñecer as súas técnicas máis ancestrais así como os seus segredos dramatúrxicos, para logo poder aplicalos nunha visión máis ampla do teatro de marionetas, onde tamén participa o obxecto.


Cursos |

Desde mis bolsillos

Desde mis bolsillos

Local sociocultural Marrozos. Sábado 2 de outubro 12:30. Xoves 7 de octubre 10:00.
Unha muller, unha vendedora de aves e moitos petos de onde van saíndo como por arte de maxia as historias que conta… Son catro contos que falan de valores e de situacións habituais entre os nenos como o medo á escuridade ou a discriminación.


Espectáculos | , , ,

Una vida de cuento

Una vida de cuento

ARTeria Noroeste. Sábado 2 de outubro 18:00. Domingo 3 de outubro 12:30. Luns 4 de outubro 10:00.
No espectáculo abórdanse pasaxes fundamentais da vida do xenial escritor Christian Andersen. A súa infancia pobre en Odense, a súa viaxe á corte de Copenaghe sendo case un neno, a súa forza ante as dificultades e a súa consagración como escritor. Estes son algúns dos momentos que se levan a escena en “Una vida de cuento”. No espectáculo inclúese tamén un dos seus contos máis coñecidos. “El traje nuevo del emperador”.


Espectáculos | , , ,

Internet útil para as Artes Escénicas

Curso de Internet para gente del teatro

Un curso introdutorio e revelador que expón con claridade as deficiencias do mundo das Artes Escénicas ante o reto que presenta Internet como un novo modelo de comunicación, pero tamén a solución para resolvelas dende un enfoque práctico.


Cursos |