Mesas redondas

Presentación de compañías Galicreques 2010

Luns 4 de Outubro. 12.30 horas. Ambigú do Teatro Principal
Rúa nova, 21. Santiago de Compostela

Roda de prensa para presentar as compañías que abren o festival deste ano procedentes de Colombia, Valencia, Aragón, Arxentina, Madrid, Galicia, Andalucía e Bulgaria.

Publicacións galardoadas co Premio Barriga Verde 2009

Martes 5 de Outubro. 12.15h Fundación Granell
Pazo de Bendaña. Praza do Toural, s/n Santiago de Compostela

A Asociación Cultural Barriga Verde, colabora nos Premios Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques nas modalidades Infantil e Adultos, que convoca anualmente AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), colabora na difusión do devandito premio e organiza dentro do festival a presentación das publicacións dos últimos textos premiados (2009).

Presentación do Premio Galicreques 2010

Mércores 6 de Ocutubro 12.15h Fundación Granell
Pazo de Bendaña. Praza do Toural, s/n. Santiago de Compostela

Este galardón concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes.
Este ano a entidade premiada será Titirimundi, Festival Internacional de Teatro de Títeres de Segovia, dirixido por Julio Michel, creador da compañía de títeres Libélula. Este festival, que no 2011 cumprirá 25 anos de traxectoria, marcou un antes e un despois para o desenvolvemento da arte dos monicreques en toda España.

Presentación compañías fin de semana

Xoves 7 de Outubro 12.15h Fundación Granell
Pazo de Bendaña. Praza do Toural, s/n. Santiago de Compostela

Para pechar a programación do Galicreques contaremos con compañías de Brasil, Valencia, Chile, Asturias, Portugal, Alemaña, Rusia, Sri Lank E Cataluña, que presentaremos nesta mesa redonda, en colaboración con algún dos seus membros.

Chile, acciones de ayuda a los damnificados del terremoto

Venres 8 de Outubro 12.15h. Fundación Granell
Pazo de Bendaña. Praza do Toural, s/n. Santiago de Compostela

UNIMA Galicia emprendeu unha iniciativa de titiriteiros chilenos, argentinos e europeos para axudar ás víctimas do terremoto que asolou o país. Dentro destas axudas se levaron a cabo diferentes actividades na zona dos máis afectados. Un dos participantes desta acción solidaria vainos falar da situación que alí se viviu e de cómo están actualmente estes pobos. Tamén coñeceremos o caso de dúas familias de artistas de teatro de monicreques da zona.