Espanis Circus

Espanis Circus
Nome da compañía: Teatro de Marionetas La Estrella.
Procedencia: Valencia
Título do espectáculo: Espanis Circus
Técnica: Transformismo e técnicas mixtas
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: tódolos públicos


Sinopse
Recreación dos pequenos circos familiares que percorrían rúas e prazas divertindo ao público popular. É unha ironía sobre todos os tópicos españois: a corrida, os touros, o flamenco, a folclórica Carmencita de España…

Galegos, estremeños, mediterráneos e andaluces preséntannos os seus particulares monstros; dragóns, cabras falantes, osos danzantes, ananos e xigantes mestúranse nunha disparatada e sorprendente loucura que divirte a adultos e nenos.

Praza Roxa
Venres 8 de outubro 18:30
Praza Toural
Sábado 9 de outubro 18:00
Praza Praterías
Domingo 10 de outubro 18:30
Entradas
Espectáculos | , , , ,