O Macaco do Rabo Cortado

Marionetas, Actores & ObjetosNome da compañía: Marionetas, Actores & Objectos
Procedencia: Portugal
Título do espectáculo: O Macaco do Rabo Cortado
Técnica: Mesa
Idioma: Portugués
Duración: 40 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos


Sinopse
O Macaco do rabo cortado é unha historia tradicional portuguesa que os nenos escoitaban ou lían e coa que se divertían nunha época na que non existían os Pokemons nin Dragonballs, xa que aínda non se inventara a televisión. Esta historia é unha adaptación do grupo contada a través de bonecos manipulados sobre mesa e con elementos escenográficos que permiten caracterizar varios espazos onde as accións se desenvolven. Esperamos que a historia do macaco arrogante que foi cambiando os obxectos dende a cola ata a guitarra, poida divertir aos máis pequenos dos nosos días.

Espectáculos | ,