Obradoiros de construción de monicreques para nenos e nenas

Talleres infantiles en Galicreques 2010
Presentamos unha serie de obradoiros dirixidos aos máis pequenos, nos que gozarán elaborando monicreques de diversos estilos, que despois poderán levar á casa.

Tachán!!!!

Fai aparecer, bailar e desaparecer ao teu boneco. Construiremos os nosos títeres con material de refugallo e logo pintarémolos.

Monicreques de dedo

Con feltros de cores e a túa imaxinación farás un montón de personaxes.

Monicreques coas mans

Coas túas mans darás vida a seres fantásticos. Monicreques de goma eva aos que pintaremos con cor.

Cursos |