Espectáculos

Espectáculos de títeres en Galicreques

Espanis Circus

Espanis Circus

Praza Roxa. Venres 8 de outubro 18:30. Praza Toural. Sábado 9 de outubro 18:00. Praza Praterías. Domingo 10 de outubro 18:30.
Recreación dos pequenos circos familiares que percorrían rúas e prazas divertindo ao público popular. É unha ironía sobre todos os tópicos españois: a corrida, os touros, o flamenco, a folclórica Carmencita de España…


Espectáculos | , , , ,

¡Que viene el lobo!

Kamante Teatro

ARTeria Noroeste. Venres 8 de outubro 10:00. Sábado 9 de outubro 18:00. Domingo 10 de outubro 12:30.
Lobezno non quere ser Lobo de zoolóxico. Cada noite, mentres contempla a Lúa pregúntase como será a vida “ao outro lado”. Un día escápase decidido a ser Lobo de Conto, pero deseguida descobre que a vida alí non é sinxela. Lobezno intentará cumprir os seus soños sen renunciar á súa propia identidade.


Espectáculos | , ,

O Asombro

Fantoches Baj

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 20:30.
Cunha proposta de teatro de obxectos trátamos de poñer en valor a recuperación dos elementos presentes na obra do poeta do Courel, Uxío Novoneyra. Focalizase o espectáculo nunha pequena escolma de Os eidos. Non obstante, non podían faltar entre outros o Poema dos Caneiros, Romance de Manuel de Ribadaira, Letanía de Galicia, Vietnam Canto e as Elexías así como referencias a poetas tan queridos para Uxío Novoneyra como Xosé María Diaz Castro e María Mariño.


Espectáculos | , ,

La Fantasma de Cantervilla

Vagabundo Títeres

Praza Praterías. Venres 8 de outubre 18:30.
En Canter-Villa encóntrase unha casa, ao parecer enmeigada, e estrañamente protexida por un garda con non moi boas intencións.
Ao pobo chega Perico, un trashumante amante da liberdade e a boa mesa (cando pode) que, sen propoño vaise involucrando nos enredos do garda, a casa, e unha estraña aparición.


Espectáculos | , ,

O Macaco do Rabo Cortado

Marionetas, Actores & Objetos

Nome da compañía: Marionetas, Actores & Objectos Procedencia: Portugal Título do espectáculo: O Macaco do Rabo Cortado Técnica: Mesa Idioma: Portugués Duración: 40 minutos Idades recomendadas: A partir de 4 anos Sinopse O Macaco do rabo cortado é unha historia tradicional portuguesa que os nenos escoitaban ou lían e coa que se divertían nunha época […]


Espectáculos | ,

A Girafa Que Comia Estrelas

Marionetas, Actores & Objectos con Varazim Teatro

Teatro Principal. Sábado 9 de octubre 17:00.
A xirafa que comía estrelas narra a estraña historia dunha xirafa que é diferente das outras porque anda coa cabeza nas nubes e come estrelas, só porque lle gusta e cre que así renova o ceo e dálle máis brillo. Esta xirafa, Olímpia, faise amiga dunha galiña, Margarida, á que lle gusta pensar a pesar do esforzo e vive nunha casa nas nubes. Con ela vai vivir algunhas aventuras “extrañas”. Olimpia perdeu a súa avoa que foi ao ceo, cre nos anxos e non lle importa nada ter amigos diferentes. “A avoa Rosalía, nai de D. Augusta, díxolle que os anxos dormen nas nubes. Tamén dixo que pouco antes da súa morte as persoas se converten en anxos”


Espectáculos | , , ,

Circo Gockelini

Circo Gockelini

Teatro Principal. Domingo 10 de outubro 17:00.
O señor Stengelini é un bo xerente de circo. O seu circo é o único en Europa que ten animais artistas! Despois de traballar moi duro, vén a presentarnos na súa gala á xoaniña Marinus Marini, que se volve cada vez máis grande; á curuxa Eulalia, bailarina do ventre; á muller de Gockelini que é unha galiña equilibrista e a moitos outros animais como raposos, ras, ratos e ourizos.


Espectáculos | , ,

Alí Babá y los Cuarenta Ladrones

Xarop Teatre

Teatro Principal. Martes 5 de outubro 11:30. Mércores 6 de outubro 11:30.
É esta a historia de Alí Babá ou a do seu irmán kasim? ou a da muller de Alí? Alí e o seu irmán fan o posible por contarnos a historia do que lles aconteceu. Cada un intenta expoñer a súa versión dos feitos. A medida que vai transcorrendo a obra, o público vai descubrindo todas as peripecias que Alí e Kasim van vivindo. Pero Graciela, a muller de Alí, dáse conta da teimosía dos irmáns e vai tomando unhas decisións que os levan a un final inesperado.


Espectáculos | , ,

Os títeres da Vía Láctea

Os títeres da Vía Láctea

Paseo central da Alameda. Venres 8 de outubro, Sábado 9 e Domingo 10 18:00.
Un grupo de titiriteiros, que viaxan nun carromato, van polos camiños representando divertidas comedias.


Espectáculos | , , , ,

A História de um cão

Beto Hinça Teatro de Marionetas

Teatro Principal. Venres 8 de outubro 11:30.
Trátase dun espectáculo de marionetas de fíos onde o protagonista é un can que vive nunha casa coa súa muller. Como a todos os cans encántalle brincar e ladrar todo o tempo. Corre detrás das galiñas, busca restos no lixo e peléxase co gato. De noite, cando a súa muller dorme, ladra e molesta a todo o mundo. É a historia dun can que vive meténdose en problemas!


Espectáculos | , ,

Página 2 de 3123