Espectáculos 2014: El investigatopo

Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa “prisión”. A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investigatopo.
Espectáculos 2014: Astokillo

O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades.
Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi feliz e agora reina a trampa, a verdade de cartón e a explotación.
Unha fábula sobre un burro e o seu domador. Sobre a cobiza, o egoísmo, a lealdade e a xenerosidade nun mundo curtidor.
Espectáculos 2014: Ledicias

O Mago Paco fainos un percorrido polos seus mellores xogos de maxia, somerxéndonos no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos.