Exposición Títeres de África

De Títeres Cachirulo

No continente africano, o teatro tradicional de marionetas é unha arte viva e atractiva que, coa súa gran capacidade de mobilización, se revela como garantía da unidade e da cohesión nos medios rurais, mantendo a paz e o equilibrio social.

Esta práctica engloba os sistemas tradicionais de organización, a escultura, a música, as tradicións orais e a danza. A actividade titiriteira implica a toda a comunidade sen distinción de clase social ou sexo.


Biblioteca Pública Ánxel Casal, do 4 ao 27 de outubro
Exposición 2022, Galicreques 2022 |