Taller adultos 2021: Teatro de sombras baseado no conto xaponés

DE BENIKO TANAKA (Xapón)

Luns 11 de outubro

de 9.00h  a 12.00h e de 15.00h a 17.00h – Fundación SGAE

Tlfno. de información: 605880858

Baseado nun conto Xaponés, imos imaxinar o mundo a través de personaxes procedentes de culturas e tradicións distintas. Imos crear os seus corpos en silueta e contar a historia a través da manipulación de marionetas que proxectan sombras. E, ao remate deste taller, faremos unha pequena representación.
1 – Introdución á narrativa teatral e explicación do desenvolvemento
2 – Descrición do personaxe
3 – Construción de marionetas de figuras nipoas
4 – Preparación para a representación en grupo
5 – Presentación das escenas preparadas polos participantes utilizando as técnicas aprendidas no taller


 

Galicreques 2021, Últimas edicións |