
Nesta edición, dadas as circunstancias da crise COVID-19, e como novidade, presentamos unha serie de proxeccións nunha gran pantalla situada no paseo central da Alameda, onde algunhas das compañías internacionais que non puideron acompañarnos deleitarannos cos seus espectáculos.
Nome da compañía: La Espada de Madera
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 45 minutos
Técnica: Monicreques de mesa
Idioma: castelán
Sinopse
El mundo es un pañuelo é unha obra de monicreques á vista, na que se desenvolven historias cargadas dun forte contido poético e metafórico. Os cadros presentarán mundos diversos cheos de tenrura. As historias desenvolven un espazo-tempo que permite ao espectador introducirse con facilidade, porque é el, coa súa sensibilidade, quen as completa. A maxia, a poesía e a destreza coa que os titiriteiros dan vida a cada un dos personaxes, e en diversas situacións, mostran como a sinxeleza dos panos e a nobreza da madeira son capaces de crear o seu propio universo.
Ligazón de vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=IOctVT9LtwE&t=502s