O dia em que a Morte sambou


Nome da compañía: Habib & Valeria
Idades recomendadas: a partir de 8 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: sombras e música en directo
Idioma: portugués


Sinopse
Seu Biu é un vello brincador que non deixa que a súa idade nin a morte poñan fin á súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser obxecto de moitas críticas e envexas, vive sorrindo e bailando, feliz e despreocupado. Ten música, danza e, sobre todo, unha forte conciencia da súa profunda conexión coa natureza.
Un día, a Morte decide buscalo. Pero cando chega á casa do ancián, é recibida dun xeito totalmente inesperado…

Ligazón vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=rEl_caTMV4E

CSC Santa Marta
Martes 13 de outubro – 18:00 h
CSC de Fontiñas
Sábado 17 de outubro – 18:00 h
CSC do Castiñeiriño
Domingo 18 de outubro – 12:00 h
Entradas
Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |