Miragres


Nome da compañía: Miragres (Mircromina Teatro/Spaguetti Títeres)
Idades recomendadas: a partir de 12 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: monicreques e música en directo
Idioma: galego


Sinopse
Miragres é un espectáculo sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X representado por una compañía de moinantes con monicreques e música en directo.
Un total de once pezas, unha cantiga de loor e dez milagres ou feitos extraordinarios, que acontecen con mediación divina de Santa María.
Por primeira vez contemplaremos a Santa María obrar os milagres da man dos monicreques cunha estética baseada nas magníficas miniaturas que acompañan ás cantigas nos libros orixinais.
Para conseguir un mellor seguimento das accións, as músicas foron arranxadas rebaixando os ornamentos e suprimindo retrousos, achegándoas aos romances populares.

 

 

Teatro Principal
Xoves 15 de outubro – 20:00 h
Entradas
Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |