O show de Barallocas


Nome da compañía: Teatro de Marionetas Trécola
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 45 minutos
Técnica: manipulación de obxectos, máscaras e pantomima
Idioma: galego


Sinopse
Gasas, cintas, cordas… calquera elemento cobra vida cando se cruza no camiño do estrambótico protagonista deste show.
As marionetas son creadas en escena por Barallocas, un persoeiro distraído que ve un helicóptero nunha corda ou nunha tea un bailarín máis alto ca el.
Unha sorte de sketchs de humor absurdo, que mesturando unha coidada manipulación de obxectos, máscaras e pantomima, trasládanos dende a selva a un gran ballet ruso nun pestanexo.
A abstracción de Barallocas non ten límite!

Carpa da Alameda (paseo central)
Xoves 15 de outubro – 18:00 h
Carpa da Alameda (paseo central)
Sábado 17 de outubro – 13:30 h
Entradas
Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |