O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.
Ángel Suárez, fundador de Títeres Larderos, percorreu numerosos festivais e programacións realizando unha continuada e frutífera tarefa en prol do teatro de monicreques, sempre co decidido apoio e colaboración de Mari Carmen Jacob e Carlos Suárez.
O seu impagable labor como colaborador infatigable da Unión Internacional da Marioneta, UNIMA, ou como promotor e sostenedor, desde o seu posto como presidente da Asociación Conquense de Amigos del Teatro –un dos colectivos, desde a súa fundación nos inicios dos setenta, de máis longa continuidade e permanencia da vida cultural conquense– das sucesivas edicións de Titiricuenca que, en alternancia coa Bienal Internacional de Teatro de Actor, BITA, tamén xestionada por esa asociación e por tanto por el, fan pasar cada dous anos pola capital conquense ao melloriño do mundo do monicreque e o guiñol, ademais de organizar os chamados Sábados de Títeres en Cuenca.
Con este premio, queremos destacar a importancia deste querido titiriteiro e xestor, pola súa entrega e o seu entusiasmo polo monicreque e o teatro.
—–