Espectáculos Galicreques 2019: Cinco historias para unha man


Nome da compañía: Spaguetti Títeres
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 40 minutos
Técnica: luvas
Idioma: sen texto


Sinopse
Cinco pequenas obras mímicas. O soño; recolle as dificultades de Aníbal para conciliar o sono por culpa do “tic-tac” do reloxo, o zoar do mosquito… A goteira; parecía que todo estaba amañado, cando estaba a piques de conciliar o sono, de repente unha goteira comeza a súa rítmica melodía. Historia con flores; un neno traste dedícase a destruír as flores dun xardín, para evitalo será necesaria a intervención dun can gardián. O impo; dous amigos encóntranse despois de moito tempo. Ao darse unha aperta, a un empézalle un ataque de impo, así xuntos irán dando chimpos polo escenario. A obra que falta, a quinta, está intercalada entre as outras catro. Conta a historia das propias mans poñendo e quitando elementos escénicos, bailando, limpando… porque elas son realmente a alma dos monicreques.

Carpa da Alameda (paseo central)
Sábado 19 de outubro – 13:30 h
Entradas
Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |