Espectáculos Galicreques 2019: Los músicos de Bremen


Nome da compañía: Teatro de Marionetas La Estrella
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 55 minutos
Técnica: marionetas de fíos e luva, obxectos e pallasos
Idioma: castelán


Sinopse
A historia comeza con catro personaxes moi enfadados que perseguen aos seus animais que se escaparon: Pupi é un can medorento ao que lle gusta cantar; Misina é unha gata vexetariana á que lle gusta bailar; Bartolo é un burricán poeta que se nega a traballar no campo e Kiriko é un galo durmiñón e rockeiro. Así que escapan ao bosque, fanse amigos e forman xuntos unha banda de rock. Pero, de súpeto, estala unha tormenta e terán que buscar refuxio, descubrindo a casa dos Porcos do Saco…

Fundación SGAE
Venres 18 de outubro – 10:30 h (función escolar)
CSC de Conxo
Sábado 19 de outubro – 12:30 h
Carpa da Alameda (paseo central)
Domingo 20 de outubro – 17:30 h
Entradas
Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |