Nome da compañía: Producións Teatrais Alakrán
Idades recomendadas: a partir de 14 anos, público xuvenil e adulto
Duración: 60 minutos
Técnica: monicreques e actores
Idioma: galego
Sinopse
Finisterrae, o último ultramarinos é unha homenaxe a eses negocios que nos proporcionaban todo o necesario para poder vivir, e tamén unha chamada de atención pola pronta desaparición destes singulares comercios.
A través dos personaxes de Berto, herdeiro dun Ultramarinos cunha longa tradición que está a punto de pechar, e Mónica, unha antiga compañeira de instituto que tivo que retornar ao pobo despois de moitos anos vivindo na gran cidade, a autora María Lado, mesturando o teatro de actor e o teatro dos obxectos, fai unha radiografía traxicómica da sociedade galega, alertando dun futuro gris que non se salva só cun flotador de parruliño.
Jueves 17 de outubro – 11:30 h (función escolar)
Jueves 17 de outubro – 20:30 h
Entradas