Espectáculos Galicreques 2019: El barrendero


Nome da compañía: Mad Compass
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 25 minutos
Técnica: bunraku e manipulación de obxectos
Idioma: sen texto


Sinopse
O varredor invisible, entre baldosa e baldosa, lixo e lixo, pasa a súa escoba. Unha danza de pasos finos e precisos que nos deixan ver a esquecida virtude do que desempeña un traballo anónimo. Aínda hai algo de poesía entre os restos, os plásticos e as latas da rúa que, aos poucos, van avanzando.

Praza Toural
Domingo 13 de outubro – 18:30 h
O Besbello Bar Cultural
Martes 15 de outubro – 21:30 h
Entradas
Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |