Nome da compañía: A Xanela do Maxín
Idades recomendadas: a partir de 2 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: mesa, manipulación directa e música en vivo
Idioma: galego
Sinopse
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.
Ligazón vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=TOYjB1uEXTY
CSC Santa Marta
Luns 14 de outubro – 10:30 h e as 12:00 h (funcións escolares)
Martes 15 de outubro – 11:00 h (función escolar)
Martes 15 de outubro – 18:30 h (público familiar)
Entradas
Luns 14 de outubro – 10:30 h e as 12:00 h (funcións escolares)
Martes 15 de outubro – 11:00 h (función escolar)
Martes 15 de outubro – 18:30 h (público familiar)
Entradas