Impartido por: Inés Pasic (Teatro Hugo e Inés, Gaia Teatro)
Duración: 9 horas
Datas: do 15 ao 17 de outubro de 2019
Horario: de 16:00 h a 18:45 h
Lugar: Fundación SGAE (Santiago de Compostela)
Prezo: 75 € (Socios de UNIMA e de UNIMA Galicia: 40% de desconto)
Número de participantes: 20
Reserva de prazas chamando aos Tlfnos. 981801237 e 605880858
Teatro Hugo e Inés propón, despois de moitos anos de investigación, actividade teatral e pedagóxica no campo da expresión corporal, un curso para transmitir as súas experiencias aos estudantes, actores e público en xeral. Este curso está aberto tamén á creación de novas sinerxias con outros profesionais cuxo obxectivo é crear ferramentas para unha educación máis creativa e acorde co presente.
O traballo teatral e pedagóxico está inspirado nas infinitas posibilidades expresivas do corpo humano e a súa mística apóiase na tradición simbólica das diferentes partes do corpo que, postas a traballar en forma independente, móstrannos as súas particulares actitudes expresivas, as súas limitacións e, sobre todo, suxírennos a súa propia alma.
Teatro Hugo e Inés, no seu proceso de procura, creou unha linguaxe única que combina técnicas de mimo e manipulación facendo “monicreques corporais”.
O presente curso está composto polos seguintes puntos:
-EXERCICIOS DE MIMO
A técnica xestual de Hugo e Inés asimila as diferentes disciplinas do mimo e a pantomima: o mimo clownesco, o mimo ilusionístico, o mimo clásico, o mimo abstracto, o mimo obxecto, etc .
-A FIGURA INVISIBLE
Hai que “ver” as figuras que poden estar escondidas nalgún ángulo esquecido do corpo. Ás veces están tan escondidas que non as vemos absolutamente, pero ao poñerlles encima un nariz ou un par de ollos, vémolas aparecer. Outras, non é necesario poñer sobre a pel ollos ou narices porque as particularidades dalgunhas partes do corpo e a imaxinación do público poderían debuxalas.
-HISTORIAS SEN PALABRAS
Utilización da gramática do xesto, o poema visual, a metáfora visual.
O símbolo, o xesto, a icona, a síntese.
-O ANTIMÉTODO CREATIVO
Pequeno método de creatividade baseado na oposición dos nosos propios gustos artísticos, principios estéticos, valores escolásticos e estruturas académicas.
-CONSTRUCIÓN DO PERSONAXE
Como comezar a procura dun personaxe, a análise dun personaxe-corpo, a adaptación dunha estética e a asignación dunha personalidade.