Cursos 2019: Obradoiro: Teatro en Miniatura


Impartido por: Yanita Pérez (Teatro de Títeres Piedra Libre)
Duración: 16 horas
Datas: do 14 ao 17 de outubro de 2019
Horario: de 10:00 h a 14:00 h
Lugar: Fundación SGAE (Santiago de Compostela)
Prezo: 50 € (socios de UNIMA e de UNIMA Galicia: 40% de desconto)
Número de participantes: 15


Reserva de prazas chamando aos Tlfnos. 981801237 e 605880858


Dirixido a actores, titiriteiros, artistas plásticos, músicos, docentes, cineastas, fotógrafos, dramaturgos .


OBXECTIVO:

Que os participantes constrúan, a partir da a experimentación de materiais e de procedementos escénicos, a súa propia poética nun prototipo de teatro en miniatura .


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

-Desenvolver coñecementos que optimicen a elaboración dun teatro en miniatura
-Explorar procedementos que permitan concentrarse na síntese dramatúrxica do teatro en miniatura
-Aprender sobre ferramentas para a construción dos devanditos espazos. Sonorización, iluminación e construción de obxectos


METODOLOXÍA DO OBRADOIRO:

-Investigación e elaboración de guión e experimentación de materiais
-Construción de caixas, escenografías e personaxes
-Bosquexo de sonorización e iluminación
-Posta en escena e mostra final


ACERCA DESTE TEATRO:

A historia desta técnica de teatro de monicreques remóntase ao século XV. Este mecanismo adquiriu diferentes denominacións a través do tempo e do espazo, como aspectos determinantes do seu desenvolvemento. Os máis coñecidos: “ Peep Show”, “ Titilimundi ou Titirimundi”.
A súa aparición en Latinoamérica é máis contemporánea, xa que os rexistros remítennos ao século XX. Nalgúns lugares como en México denomináronse Caixas Misteriosas e en Brasil Teatro Lambe Lambe, facendo a súa aparición a finais da década dos 80 e principios dos 90. O teatro Lambe Lambe rexorde en Baía, polo ano 1989, cando as bahianas Ismine Lima e Denise Do Santos, na súa procura estética e educativa, empregaron caixas fotográficas dos fotógrafos das rúas para contar alí dentro a súa escena titulada “A Danza do Parto” e mostrala a cada espectador, coma se dun secreto se tratara. Así xurdiu o Teatro Lambe Lambe en Brasil e logo expandiuse a Latinoamérica, recibindo diferentes denominacións dependendo de cada país.
Para esta técnica de monicreques en miniatura, utilízase unha pequena caixa escénica, portátil, dentro da cal é escenificado un espectáculo, que en xeral ten curta duración (non máis de cinco minutos), coa utilización de bonecos ou outros obxectos que son animados. En xeral, a caixa ten unha abertura á fronte, por onde un só espectador visualiza o espectáculo, e unha abertura atrás ou por encima, que posibilita ao actor manipulador ter visión do interior da caixa e manipular os obxectos ou monicreques da obra. As aberturas da fronte, de atrás ou de arriba, ás veces son cubertas por un pano (preferentemente de cor negra) por onde, tanto o espectador como o manipulador, permanecen coas súas cabezas cubertas durante o espectáculo, coa finalidade de impedir a entrada da luz á caixa.
A sonorización do espectáculo pode ser feita con material previamente gravado, que é transmitido a través dun equipo de música e o uso de auriculares. Outra opción consiste en utilizar a voz en vivo do actor-animador para dar vida aos pequenos personaxes.
Debido ao reducido espazo escénico que implica a caixa e a curta duración do espectáculo, todos os demais elementos que compoñen esta arte deben ser deseñados ou adaptados para axustarse a esta especificidade.

Cursos Galicreques 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |