Nome da compañía: Os monicreques de Kukas
Idades recomendadas: a partir de 10 anos, ESO e bacharelato
Duración: 55 minutos
Técnica: marionetas de fíos
Idioma: galego
Sinopse
A un teatro á italiana vai chegando o público, que toma asento nos seus palcos. Sona o timbre e comeza o V acto da ópera “Romeo e Xulieta” de Gounod. Ao remate, unha voz radiofónica anuncia que se representará un crime que sucedeu na Scala de Milán nunha función desta ópera. A partir deste momento, todo un xogo de intrigas, de vaidades e diferencia de clases aparece ante o espectador. O traballo escénico amosa a dobre visión dunha mesma escena: dunha banda dende o punto de vista do público e, doutra, do que realmente ocorre entre caixas, no escenario.