Espectáculos 2018: En una canasta


Nome da compañía: Ulularia Teatro
Idades recomendadas: a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: monicreques de mesa
Idioma: castelán


Sinopse
Ela naceu de noite. Unha noite sen lúa. Ela non tiña berce. A súa mamá deixouna nunha canastra. Así comeza a súa viaxe. Ela deféndese coa graza do seu instinto e a coraxe da súa inxenuidade. A súa canastra lévaa por un río titiritesco, un monte cheo de animais e alguén que ninguén espera, o home coas súas armas. O río dá ao mar. Ela soa no infinito mar. El, un artesán vimbieiro, con mans trenzadoras, con historias para contar… Ela filla, el papá. Uns brazos que son berce, nunha noite con lúa.

CSC A Trisca
Martes 16 de outubro – 18:30 h
Fundación SGAE
Mércores 17 de outubro – 10:30 h
Domingo 21 de outubro – 12:30 h
Entradas
Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |