Nome da compañía: Boca de Cão
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 40 minutos
Técnica: sombras e manipulación directa
Idioma: portugués
Sinopse
Alforria é un espectáculo en viaxe, onde o público poderá sorprenderse coa decisión de buscar unha vida máis feliz. Xica e Tiberio, traballadores incansables, viven escravizados pero, nos ollos de Silvestre, o simpático xavarincan, descubrirán que a amizade e a coraxe son os guías do corazón. Dentro e fóra do carro mostrarase a vida e o acto de vivir cara á liberdade.