Premio Galicreques 2017

Sábado 21 outubro – 20:00h – Teatro Principal

O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.

Nesta edición o premio recae na compañía granadina Etcétera fundada en 1981 e dirixida por Enrique Lanz. A través destes anos, o seu traballo caracterizouse por abrir novos camiños tanto na dramaturxia como na posta en escena e a construción das marionetas.
Con propostas novas e arriscadas conseguiron elevar o teatro de monicreques a niveis de brillantez e excelencia artística, beneficiándonos a tod@s os que nos dedicamos a esta arte teatral.
O seu director, Enrique, combinou a investigación histórica coa modernidade, recuperando e poñendo en valor o legado do seu avó, en diversas mostras como a exposición “Hermenegildo Lanz, rudo y sentimental” e sorprendendo ao mundo cun retablo de Maese Pedro que quedará na historia dos grandes espectáculos teatrais.

—–


Save

Galicreques 2017, Premio Galicreques 2017, Últimas edicións |