Espectáculos 2017: Vuela pluma

Nome da compañía: Periferia Teatro
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: monicreques de mesa
Idioma: castelán


Sinopse
“Vuela Pluma” cóntanos a historia dun paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola, ata que un día tivo un soño… a gaiola abriuse e a ilusión por fin moveu as súas ás…
“Vuela Pluma” é un conto sobre a liberdade e o respecto á verdadeira natureza dos seres vivos. Dámoslle ao noso paxaro protagonista a posibilidade de vivir o seu soño e aos espectadores a oportunidade de acompañalo no seu voo.
Ás veces, as persoas somos capaces de encerrar o que amamos nunha gaiola, para que non se escape e quede ao noso lado…

Fundación SGAE
Luns 16 de outubro – 11:00 h – escolar
Martes 17 de outubro – 11:00 h – escolar
Entradas
Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |