Espectáculos 2017: O dia em que a morte sambou / A Señora Rosa e a morte

Nome da compañía: Valeria Rey Soto & Habib Zahra e Carmen Domech
Idades recomendadas: a partir de 8 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: sombras, luvas
Idioma: portugués e galego


Sinopse
O ancián vivía só, nunha casiña de adobe, do outro lado do río Tracunhaém. O que pode soar tráxico para moitos, para el non é motivo de queixume, xa que ten a música, a danza e, sobre todo, unha conciencia aguda da súa profunda conexión co universo. Inspirada pola vivencia cos rapaces de Maracatu Rural e Cabalo Mariño (Brasil), a obra busca reconstruír as concepcións negativas contemporáneas da vellez e da morte, e compartir un pouco da sabedoría que os autores atoparon na cultura popular da Zona da Mata de Pernambuco. Máis que nada, o espectáculo é unha celebración da vida e da morte, como parte esencial e indisociable dela.

CSC Santa Marta
Mércores 18 de outubro – 12:00 h – escolar
Mércores 18 de outubro – 18:30 h – Función gratuita de 30 minutos + presentación do libro
Fundación Granell
Xoves 19 de outubro – 18:30 h – Función gratuita de 30 minutos + presentación do libro

Save

Save

Save

Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |