Cursos 2016: Taller de Cineamano, animación artesanal

Imparte: Julieta Tabbush
Duración: 9 horas
Datas: martes 27, mércores 28 e xoves 29 de setembro
Horario: de 17:00 a 20:00 h.
Lugar: CSC de Santa Marta (Rúa de Antonio Rama Seoane, 6. 15706 Santiago de Compostela)
Prezo: 50 €
Prezo reducido (socios de UNIMA): 25 €
Número de participantes: 15


Taller de Cineamano, animación artesanal.
Ou a recuperación de Tecnoloxías obsoletas para a posta en escena.



CINEAMANO é toda imaxe manipulada manualmente, sen edición, utilizando proxectores de diapositivas e proxectada sobre pantallas tradicionais ou incidentais. O taller pretende xerar un laboratorio de experimentación audiovisual, transitando por diversas experiencias estéticas ao redor da investigación das proxeccións de imaxes, as sombras, os monicreques planos, as texturas, os obxectos translúcidos e distintos materiais susceptibles de ser animados desde un proxector de diapositivas.

Un dos obxectivos é a realización de traballos plásticos colaborativos que funcionen como punto de partida para abordar as infinitas posibilidades da técnica.

O  taller conclúe coa produción e realización de pequenos traballos audiovisuais abordados en grupos de 3 ou 4  persoas.

O taller está dirixido a mozos e adultos, estudantes secundarios, artistas plásticos, titiriteiros, actores, docentes e público en xeral.

Convoco, entón, a quen se senta provocado pola proposta, a compartir de maneira horizontal e colectiva, unha instancia de xogo e investigación en torno á  linguaxe de animación analóxica en tempo real.

Julieta Tabbush.


—————————————————————————————————————————-


INSTRUCIÓNS DE MATRICULACIÓN:
A admisión farase por orde rigorosa de data de ingreso de matrícula

– CUBRE TODOS OS DATOS DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN e ENVÍAO POR CORREO ELECTRÓNICO A: galicreques@titerescachirulo.com

– RESPONDEREMOS INFORMÁNDOTE SOBRE A DISPOÑIBILIDADE DE PRAZA

– EFECTÚA A TRANSFERENCIA POLO IMPORTE DE MATRÍCULA INDICANDO:

– Ordenante: O TEU NOME E APELIDOS

– Concepto: NOME DO CURSO NO QUE TE MATRICULAS

– Nº de conta: IBAN ES32 2080-0349-80-3040007886 Entidade: ABANCA Titular: Asociación Cultural Barriga Verde

– ENVÍA O COMPROBANTE DE INGRESO A galicreques@titerescachirulo.com

– CONTESTARÉMOSCHE CONFIRMANDO DEFINITIVAMENTE A TÚA MATRÍCULA NO CURSO

Save

Save

Save

Save

Cursos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |