Espectáculos 2016: Bala Perdida

Nome da compañía: Espello Cóncavo e Títeres Cachirulo
Autor: Manuel Rivas
Idades recomendadas: a partir de 7 anos
Duración: 72 minutos
Técnica: actores e bunraku
Idioma: galego


Sinopse
Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un filibusteiro atlántico entre as néboas dun océano misterioso e milenario. Ao seu carón homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.

Teatro Principal
Data e hora por confirmar – Escolar
Entradas
Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |