Premio Galicreques 2015

Data e hora por determinar – Teatro Principal

O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.

Este ano temos a ledicia de entregar o Premio Galicreques á compañía Viravolta polo seu traballo na difusión e promoción dos monicreques en Galicia, a creación do Museo Galego da Marioneta e o seu claro compromiso coa historia e o futuro desta arte.
Os seus traballos de investigación sobre a figura de Barriga Verde e o teatro popular de bonecos, así como a programación do festival Titirideza, entre outras, forman parte das actividades que queremos resaltar desta compañía, que xa forma parte da historia da cultura galega.


Galicreques 2015, Últimas edicións |