Espectáculos 2015: Güela-güela

Nome da compañía: Galitoon
Idades recomendadas: a partir de 1 ano
Duración: 45 minutos
Técnica: teatro de luz negra, bunraku, muppets, técnicas mixtas
Idioma: galego


Sinopse
Dende sempre, a misión das cegoñas adultas foi a de levar os bebés recén nacidos ao carón dos seus pais. Pero un día esquecéronse dun pano e Güily, unha cegoña pequeniña, decidiu que xa era maior para levarlle o bebé aos seus pais, aínda que non sabía que xusto ese era un un bebé moi peculiar…
Aquí comeza a gran aventura e a nosa historia chea de música, humor e diversión, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero, sobre todo, de “voar” sempre en grupo e nunca só, para podernos protexer dos  perigos que nos poidamos atopar…

Teatro Principal
Xoves 1 de outubro 2015 – 11:30 h (función escolar)
Xoves 1 de outubro 2015 – 19:00 h
Entradas
Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |