Espectáculos 2015: Uxío no país de Patadecabra

Nome da compañía: A illa dos nenos
Idades recomendadas: todos os públicos
Duración: 60 minutos
Técnica: maxia, teatro e monicreques
Idioma: galego


Sinopse
Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia.
Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias… Que pasará cando Uxío esperte? Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que, para conseguir algo, só hai que desexalo con moita forza.

Teatro Principal
Venres 2 de outubro 2015 – 19:00 h
Entradas
Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |