Espectáculos 2015: Cóctel

Nome da compañía: Manu Mansilla y su Teatro de Títeres Anticostumbrista
Idades recomendadas: a partir de 12 anos e adultos
Duración: 70 minutos
Técnica: variña, mesa, bocóns, teatro de obxectos, títeres corpóreos
Idioma: castelán


Sinopse

Cóctel está composto por catro historias.
“Conversacións con Luis”: Monicreque e monicrequeiro charlan, intentan convivir. Rabechas adolescentes ou formulacións sumamente adultas, pero quen manda?
“Papelín”: Un paquete de panos na súa carreira por converterse en papel hixiénico, os conflitos dun adolescente en plena puberdade.
“A morte”: A osuda é quen abre este espectáculo, ao actor chegoulle a súa hora.
“A Nely”: Ela sabe que é un monicreque, unha señora de barrio sinxela, tocada polos problemas cotiáns. O monicrequeiro improvisará e xogará co que brote a partir do público presente.

Teatro Principal
Domingo 4 de outubro 2015 – 20:00 h
Entradas
Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |