Cursos 2015: Anatomía Teatral

Imparte: Julia Sigliano, integrante da Cie Philippe Genty
Duración: 20 horas
Datas: Sábado 26 e domingo 27 de setembro e sábado 3 e domingo 4 de outubro
Horario: de 9:30 a 14:30 h
Lugar: Escuela de Teatro Pábulo (Ponte de Sar, 53, bajo. 15702 Santiago de Compostela (tlfns. 981556404 / 622535008)
Prezo: 150 €
Prezo reducido (alumnos de Pábulo e socios de UNIMA): 100 €
Número de participantes: 16


  • Dirixido a profesionais e estudantes de calquera disciplina escénica (actor, bailarín, músico, monicrequeiro, circense, dramaturgo, director)

Adestramento sobre as estruturas, formas e relacións das diferentes partes teatrais
O teatro é corpo externo e interno
As partes deste corpo teatral poden ser o texto, o espazo, a voz, o corpo, a imaxinación, o material, a materia, o onírico
A disección destas partes e o estudo destas a través da propia vivencia, da propia anatomía
A minuciosidade do profundo, das nosas experiencias internas e a transformación
Así como a anatomía científica, partimos do corpo, o teatro é corpo, é o primeiro espazo que ocupa en nós para tomar vida

  • OBXECTIVO: Multiplicidade de estímulos para a creación
  • DESENVOLVEMENTO: un grupo de persoas percorrendo as seguintes etapas
  • CINÉTICA DOS MATERIAIS: Desviar os materiais da súa función acostumada – o inerte para afirmar ao vivente e viceversa – A linguaxe propia de cada material, metamorfose, anamorfose, metonimia, autonomía, disociación, distanciamento, estados
  • A INTERPRETACIÓN: A convicción a partir da memoria – Relación entre o intérprete e o material -Puntos fixos – a disociación – Impulso – a escoita interior – arquitectura do corpo – o xesto cotián transfórmase en xesto poético. La convicción a partir da memoria, o universo interno
  • O MONICREQUE: metáfora – disociación – animación – manipulación – relación actor monicreque – o eclecticismo das súas posibilidades para contar
  • OCUPACIÓN DO ESPAZO ESCÉNICO E CREACIÓN: arquitectura do espazo e dos materiais – os eixes – as entradas – os ritmos – puntos de focalización -coreografía intérpretes e materiais – foco – presenza – desprazamentos

Descargar FORMULARIO DE INSCRICIÓN: formulario-inscripcion-galego-anatomía teatral
—————————————————————————————————————————-


INSTRUCIÓNS DE MATRICULACIÓN:
A admisión farase por orde rigorosa de data de ingreso de matrícula

– CUBRE TODOS OS DATOS DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN e ENVÍAO POR CORREO ELECTRÓNICO A: galicreques@titerescachirulo.com

– RESPONDEREMOS INFORMÁNDOTE SOBRE A DISPOÑIBILIDADE DE PRAZA

– EFECTÚA A TRANSFERENCIA POLO IMPORTE DE MATRÍCULA INDICANDO:

–        Ordenante: O TEU NOME E APELIDOS

–        Concepto: NOME DO CURSO NO QUE TE MATRICULAS

–        Nº de conta: IBAN ES32 2080-0349-80-3040007886 Entidade: ABANCA Titular: Asociación Cultural Barriga Verde

– ENVÍA O COMPROBANTE DE INGRESO A galicreques@titerescachirulo.com

– CONTESTARÉMOSCHE CONFIRMANDO DEFINITIVAMENTE A TÚA MATRÍCULA NO CURSO

Cursos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |