Exposiciones 2014: Títeres de África

No continente africano, o teatro tradicional de marionetas é unha arte viva e atractiva que, coa súa gran capacidade de mobilización, se revela como garantía da unidade e da cohesión nos medios rurais, mantendo a paz e o equilibrio social.

Esta práctica engloba os sistemas tradicionais de organización, a escultura, a música, as tradicións orais e a danza. A actividade titiriteira implica a toda a comunidade sen distinción de clase social ou sexo.

Fundación SGAE
r/ Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre. 15705 Santiago de Compostela.
Setembro-Outubro 2014. Entrada de balde
Exposicións 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións |