Premio Galicreques 2014

Compañía Plansjet (Bélxica)

Domingo 5 de outubro– 20:30 h – Teatro Principal

O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persoa que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no exercicio destas artes.

Este ano temos a ledicia de entregar o Premio Galicreques á compañía Plansjet. Sempre encheron as rúas da nosa cidade de alegría e fascinación. Moitos monicrequeiros e monicrequeiras de todas as partes do mundo tivemos o privilexio de asistir ás súas clases, tanto de talla de marionetas con Chris, coma de realización de vestiario con Mieke, ambos os dous excelentes mestres e xenerosísimos tanto nas súas ensinanzas coma na vida cotiá.

Moitas grazas, Plansjet, por achegarvos ás nosas vidas.

Galicreques.

Galicreques 2014, Últimas edicións |