Exposicións 2015: Exposición Monicreques de dedo

de Carmen Domech

Os monicreques de dedo son un dos xoguetes preferidos polos máis pequenos, permítenlles dar vida a unha morea de personaxes dun xeito sinxelo e divertido.
O espazo escénico pode ser calquera parte da casa, pero tamén un teatriño pode axudar a dar forza e claridade ás accións.
A intención desta exposición é amosar unha serie de teatriños, feitos na súa maior parte con material reciclado, coas súas escenas de monicreques de dedo.
Convidamos aos pequenos a que, con máis ou menos axuda dos seus maiores, fabriquen o seu espazo, no que desenvolver infinidade de historias.

Fundación SGAE
r/ Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre. 15705 Santiago de Compostela.
Setembro-Outubro 2015. Entrada gratuíta
Exposicións 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |