Espectáculos 2014: Por qué vive en el bosque la abuela de Caperucita

Nome da compañía: Txotxongillo Taldea
Técnica: mesa, luz negra, audiovisual
Idioma: castelán
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: a partir de 3 anos / escolar: entre 4 e 10 anos


Sinopse
Xabi, un rapaz de 8 anos, non está de acordo cos contos que le. Parécelle que non dan unha información completa. Por exemplo, como se chama a nai de Caperucita? Onde vive o pai? E sobre todo, e isto é o que máis lle preocupa, por que vive a avoa no bosque? Vive feliz?
Para aclarar todo isto, Xabi converterase en detective e empezará unha investigación. Ao finalizala nos nosos labios quedará un sorriso e no noso corazón certa preocupación e algunhas preguntas.

Fundación SGAE
Xoves 2 de outubro – 10.30 h – función escolar
Teatro Principal
Sábado 4 de outubro – 13.00 h
Entradas
Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,